Sunday 05 de May de 2024

Unha mostra fotográfica de micoloxía exhibirase na casa da cultura da Pobra


A casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler acollerá no día de hoxe, 8 de novembro, ás 20.30 horas, a inauguración dunha exposición fotográfica de micoloxía ao abeiro da programación da quinta edición das Xornadas Micolóxicas, da cal se dará información detallada en próximas datas.

O acto contará coas intervencións da concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), e a técnica municipal desta área, Beatriz González. A entrada é libre e de balde.

Inicialmente está composta por un total de vinte imaxes que se corresponden con aquelas que acadaron as cinco mellores puntuacións nas catro convocatorias previas do Concurso Fotográfico de Micoloxía. Ademais, na próxima semana coñeceranse as puntuacións do certame deste ano, polo cal, posteriormente, se sumarán outras cinco imaxes á mostra que permanecerá aberta ao público ata finais de mes.

Unha vez conclúa, a Concellaría do Medio Ambiente converterá a exposición en itinerante para que vaia rotando polos centros educativos que a soliciten.